viernes, 20 de septiembre de 2013

"LAMPÖNAK"

WARNING! o lampönak é moi perigoso, non vós acheguedes moito a este especimen se pasedes pola expo que estará ata este domingo 22 de setembro na Fundación Luís Seoane, dentro da programación do Freakemacine 2013.
Máis info sobre esta criatura no blog de Planeta Mincha. Tamén atoparedes información sobre o seu proceso dixestivo no libro editado por Everest, "O temible lampönak", dentro da colección "Diario de Pichük".
En breve haberá máis novidades sobre o Planeta Mincha, no que non paran de suceder cousas.


Reproducción do lampönak en volume por Laura Blanco e Chari.

martes, 17 de septiembre de 2013

"ESCAPADA AO PLANETA MINCHA"



Baixo este título podedes visitar durante esta semán, a micro exposición sobre Planeta Mincha que montei, dentro da programación do Festival Freakemacine 2013, na Fundación Luís Seoane (A Coruña). Un luxo expoñer neste espazo e colaborar nesta edición do festival.
Na expo poderedes ver varias pezas en volume e 18 ilustracións con diferentes ambientes do Planeta Mincha. Algunhas inéditas, outras pertencentes á colección de libros "Diario de Pichük" (Ed. Everest) e outras que xa formaron parte de "Estampas do Planeta Mincha" na galería 9the13, durante o Viñetas desde O Atlántico 2012.
É a terceira mostra de arte mincha que fago e xa pensando na seguinte. Espero que pasedes a vela e a disfrutedes mergullándovos nela ;-)