martes, 28 de diciembre de 2010

A TORRE PIRATA

Ultimamente vivo rodeado de piratas, curiosamente os colegas manicómicos me encargaron este novo cartel para a súa Gala de Aniversario onde a temática principal serán os piratas. Esta vez a Torre de Hércules luce o seu lado máis salvaxe para anunciar o esxpectáculo que terá lugar o día 8.

viernes, 10 de diciembre de 2010

A CONTAR ESTRELAS NO CAMIÑO




Estas son varias das ilustracións para o libro A CONTAR ESTRELAS NO CAMIÑO.
Trátase dun divertido texto para nenos escrito por Nati Borrajo que tiven o pracer de ilustrar este verán. A historia está relacionada coa conexión entre as estrelas e a tradición do camiño de Santiago. A publicación forma parte dunha campaña de promocional da Xunta de Galicia e está editado por Galaxia. A verdade é que foi un texto divertido de ilustrar xa que toda a acción transcorre nunha mesma noite e nun único sitio, o xardín dunha casa e iso deume certo xogo á hora de planificar as ilustracións. Tamén foi divertido darlle un tinte máxico ao conxunto engadindo algún elemento que complementa ao texto mediante un xogo que remata na contracuberta do libro.
O libro trae de agasallo un dvd que contén a curtametraxe O FILLO DO TRONO, da produtora FILMAX.

jueves, 2 de diciembre de 2010

CUBERTA REVISTA BIBLOS


Esta é a imaxe de cuberta para o número da revista Biblos que pecha este ano. Cando me pediron que a fixese, pensei que podería quedar bonito rendirlle homenaxe a Stevenson no ano do 160 aniversario e xa postos á literatura de piratas e máis concretamente a algúns libros que me gustaron deste xenero e doutros. De ai este especial tesouro que nunha illa deserta ben vale máis que un feixe de moedas de ouro.
Unha curiosidade desta ilustración, o pirata que aparece non é Long John Silver, non hai máis que fixarse na súa pata de pao para caer na conta de que este debe ser outro, igual ata navegaron xuntos, vai tí a saber.