martes, 28 de julio de 2009

VIII FESTIVAL MANICÓMICOS

De novo me pediron un cartel os colegas manicómicos, esta vez para o seu VIII Festival e tamén un deseño de camisetas para vender durante o festival. Pedíronme que xogase coa Torre de Hércules que este ano está máis de moda que nunca por acadar o título de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Aí a tedes facendo malabares coa caveira e osos de Xerión que comparten espazo con ela no escudo local de A Coruña. É a enésima vez que me encargan algún traballo onde salga a torre nos anos que levo traballando e a dicir verdade, cada vez que a fago sae algo diferente.

miércoles, 22 de julio de 2009

SINATURA DE EXEMPLARES NA FEIRA MEDIEVAL DE CORUÑA


Seguimos coa promoción do album e parece que aínda queda leria para rato. Mañá asinarei exemplares de Os Lobos de Moeche na Feira Medieval da Coruña e este fin de semana sairá publicada unha entrevista que me fixo o colega Camilo Franco para o xornal La Voz de Galicia. Os lobos siguen oubeando.

martes, 21 de julio de 2009

CARTEL NOITE DE CINE 2009


Xa está na rúa o cartel de Noite de Cine 2009. Andará por diferentes vilas de Galicia durante o resto do verán. Este ano adican o ciclo a Darwin e os colegas de IB Cinema pedíronme a reutilización da ilustración da Casa das Ciencias da Coruña que fixera para a colección de láminas de La Opinión. Esta é a adaptación a cartel.

jueves, 16 de julio de 2009

VAI DE CAMIÑO

Xa anda polas rúas o cartel coa ilustración que fixen para o concerto VAI DE CAMIÑO que terá lugar este venres e sábado no parque de Sta Margarita.

lunes, 13 de julio de 2009

HOMENAXE DE SANTY A "OS LOBOS DE MOECHE"

Onte domingo, tarde de choiva, estaba tomando un cafeliño a media tarde polo mundo adiante e díxenlle a miña moza: "vou a botarlle unha ollada a La Opinión, a ver que viñeta fixo hoxe Santy". E sen ningunha outra pretensión, tan só coa intención de ver a viñeta diaria do meu colega, collín o xornal na barra. E casualidades da vida, atopeime cunha gran sorpresa, nada máis e nada menos que a viñeta que acompaña esta entrada, adicada a un servidor e recomendando a lectura do meu album. Graciñas, Santy, por alegrarme a tarde de choiva e sobre todo pola túa amizade. Eu tamén aconsello que non deixedes de ler as súas divertidas viñetas.

viernes, 10 de julio de 2009

OS LOBOS DE MOECHE NA FEIRA MEDIEVAL DE BETANZOS


Mañá asinarei exemplares de Os Lobos de Moeche na Feira Medieval de Betanzos as 18:00 da tarde, no stand da libraría O desván de Andrea. Betanzos é unha das vilas nas que está ambientada a miña historia xa que foi un dos eixos principais da revolta irmandiña de 1467. Ademáis, a de Betanzos, é unha das feiras medievais máis prestixiosas de Galicia e a vila conserva aínda moitois elementos medievais, algúns deles reflexados no meu cómic como o convento de San Francisco, outros perdéronse. Nesta viñeta fixen unha hipotética reconstrucción da entrada da vila que hoxe en día xa non conserva este aspecto amurallado.