viernes, 12 de diciembre de 2008

A CORUÑA MIRADA CON ARTE

Onte o xornal La Opinón agasallou aos seus lectores coa derradeira lámina da colección A Coruña mirada con Arte na que participamos catro ilustradores, cunha ilustración semanal cada un de luns a xoves e durante un mes. Os compañeiros de aventura foron os colegas Fernando Llorente, Marcos Calo e Santy Gutiérrez. O resultado desta colección se alonxa bastante da típica serie de láminas que aparecen polo xeral cos xornais xa que non están feitas desde unha perspectiva técnica clásica como o debuxo artístico, a litografía, etc; senón desde a mirada da ilustración. As que fixen eu son dalgunha maneira unha pequena mostra dalgúns lugares e zonas da cidade herculina que dalgunha maneira están ligados as miñas raices coruñesas. Aínda que non se repartiron seguindo un orde cronolóxico, as miñas terían este:

A Rúa de Santiago no casco antigo, onde se criou a miña nai.

O atrio de San Nicolás, onde se criou e xogaba o meu pai de pequeno.

A Casa das Ciencias, onde eu correteaba durante a miña primeira infancia.

Os canones que están diante do xardín de San Carlos, dando un gran salto no tempo ata a miña xuventude, foron testigos de longas noites de punk-rock e botellón, na época na que as tribus urbanas impoñiamos a nosa propia lei nas rúas.

O Obelisco é a miña reivindicación sobre un elemento moi representativo da Coruña, que vive á sombra da famosa Torre de Hércules máis representa unha parcela concreta dentro da historia da cidade que é ben atractiva.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

RASPIÑA




A de arriba é Raspiña, unha mascota que fixen fai varios anos para a campaña UhMMM PEIXE!, da Consellería de Pesca. Se usa para ensinar aos nenos a comer peixe nos comedores escolares. A imaxe de abaixo era unha das moitas outras versións previas que fixen e que non saíron. Se digo que houbo unhas 30 ou 40 versións da mascota ata chegar ao resultado final igual me quedo curto. A emprexa Péxego foi a encargada de facer as diferentes aplicacións da mascota, entre elas un dvd interactivo con algunhas animacións didácticas.


lunes, 10 de noviembre de 2008

Sigo a recuperar vellos carteis, este foi para o concerto de Canto de Autor por Galicia durante a marea negra do Prestige e con deseño dos colegas da empresa Sysyvisions. A verdade e que foi moi emotivo facer un cartel para un elenco de luxo e sobre todo polo significado reivindicativo e o que este concerto supuña dentro das movilizacións sociais que se produciron en torno a esta catástrofe medioambiental.

jueves, 30 de octubre de 2008

HISTORIAS QUE CONTAN AS PAREDES

Esta é unha escolma con algunhas das imaxes que fixen para o libro de Ana María Fernández "Historias que contan as paredes", editado por Everest Galicia e que xa está sendo distribuido en librarías.
Foi unha interesante experiencia enfocar o traballo utilizando diferentes tipos de paredes como tetigos mudos do que acontece na vida e que con tanta sensibilidade sabe contar Ana María.
Obviamente, as imaxes adquiren máis sentido ao ler os textos que acompañan.

miércoles, 29 de octubre de 2008

Sigo subindo carteis de antaño. Hai xente que renuncia ao seu pasado, a mín me gusta buscar no baúl dos recordos cousas que fixen fai anos para ver como vou evolucionando tecnicamente e non me importa amosalas. Este cartel fíxeno para o décimo aniversario do centro de Información Xuvenil hai 12 ou 13 anos. Desde entón as cousas cambiaron. Foi un dos primeiros chollos que fixen con ordenador. Os debuxos están feitos un por un sobre papel con acuarelas porque daquela aínda non controlaba o photoshop para colorear.
Escaneei todos e maquetei no illustrator. O meu primeiro ordenador creo que tiña 128 megas de disco duro. renderizar o cartel de 50x70 levoume case toda unha noite. cada vez que salvaba un cambio me fumaba catro pitillos e tragaba dous cafés. Horripilante parto aínda que logo funcionou moi ben.

sábado, 6 de septiembre de 2008

Ecoloxía

Ilustracións para un proxecto dunha axencia de publicidade relacionado coa ecoloxía.

viernes, 5 de septiembre de 2008

CORRELINGUA

Aí vai o deseño de unha oca que fixen para a Asociación Socio Pedagóxica para incluir na publicación do Correlingua, a súa campaña de promoción da lingua que se celebra anualmente en diferentes vilas e cidades de Galicia.

sábado, 24 de mayo de 2008

MÁIS MIKI NERVIO

Xa que estamos, está é a cuberta do segundo cd da banda. Hai nove anos de diferenza entre ambos traballos.

CUBERTA MIKI NERVIO


Dúas versións para a cuberta do 4º traballo discográfico dos colegas Miki nervio and The Blues Makers. Finalmente saiu publicada a versión en tonos azuis ten un toque menos retro pero é máis chamativa. O cd xa leva uns meses á venta en tendas de discos.

miércoles, 14 de mayo de 2008

Outro máis para SAN&SAN.

Estou rescatando estes días traballos que teño feito de cartelería. Aí van dous para a compañía de teatro SAN&SAN.

viernes, 9 de mayo de 2008


NANO



Algunhas ilustracións para a novela Nano de Concha Blanco, editada recentemente por Everest.